Como cada ano, a Escola Infantil Galiña Azul e o seu persoal precisan do apoio dos pais, non soamente na xestión de distintas tarefas, senón tamén a nivel económico.
Algunhas das máis recentes contribucións da ANPA son:
- compra de material escolar, crebacabezas, 3 radios, termómetros
- reunión co Concello para tratar cuestións como o mantemento do xardín, o plantado dunha árbore, a revisión de deficiencias da escola
- compra dun programador para a posta en marcha do rego do xardín
- contacto co Consorcio para o mantemento e mellora do centro
- compra de plantas e coidado da horta
- colaboración en distintas festas, sufragando o pago da compra das castañas ou a contratación da castiñeira no Magosto
- elaboración de fotos e deseño do calendario, así como a negociación do seu prezo con diversas imprentas
- contacto/negociación con diversas empresas de animación e espectáculos de actividades para levar a cabo ao longo do curso escolar
- creación dun blog informativo
- achega de xoguetes/libros grazas á colaboración dos pais e do Concello
O obxectivo de todas estas contribucións é mellorar, na medida do posible, o día a día da formación dos nosos pequenos.
É por isto que gustaríanos contar cun maior apoio dos pais e nais dos nenos do centro, por un lado, coa achega de novas ideas e opinións e, por outro lado, co pago de 10€ ao ano por parte de aqueles pais que poidan e queiran facerse socios do ANPA.
A vosa colaboración repercutirá no benestar de todos os nenos e nenas da Escola Infantil de A Galiña Azul de Nigrán. Esperamos poder contar con todos vós. Grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario