ANPA Galiña Azul Nigrán

ANPA Galiña Azul Nigrán

jueves, 25 de febrero de 2016

Nota informativa

Estimados pais/nais ou titores:
Como saberedes dende o pasado mes de outubro a ANPA mudou de directiva. A nosa intención é a de seguir mantendo a comunicación coas familias e servir de apoio o persoal do centro e familias, transmitindo todas as vosas inquedanzas.
Algunhas das funcións a desenrolar pola ANPA son:
·         Manter contacto coas administracións para tratar cuestións como o mantemento do xardín, revisión das deficiencias da escola, mantemento e mellora do centro.
·         Colaboración coa escola en distintas festas, sufragando os gastos correspondentes; Magosto, Nadal, Entroido, Fin de Curso ...
·         A compra do material escolar que nos solicita o profesorado.
·         Solicitude dos medios necesarios o Concello, Equipo de son, iluminación...
·         Organizar o mantemento e coidado da horta
·         Recadación de fondos por exemplo coa elaboración e venta do calendario.
·         Acordos con empresas de animación e espectáculos para levar a cabo ao longo do curso escolar
·         Mantemento deste blog informativo: http://anpagazulnig.blogspot.com.es/
·         Achega de xoguetes/libros grazas á colaboración dos pais e do Concello
O obxectivo destas contribucións é mellorar, na medida do posible, o funcionamento da escola e benestar dos nosos pequenos.
É por todo isto que gustaríanos contar cun maior apoio dos pais/nais e titores dos nenos do centro, por un lado, coa achega de novas ideas e opinións e, por outro lado, co pago de 10€ ao ano por parte de aqueles pais que poidan e queiran facerse socios do ANPA.
Queremos comezar a traballar a horta do centro, polo que tódolos familiares interesados en participar poñédevos en contacto con nos. Organizaremos quendas e traballos.
Recordamos tamén a importancia do pago dos 20€ correspondentes a compra do material escolar no curso vixente 2015/2016, é responsabilidade de todos estar o día deste pago.
Podedes realizar o pago mediante transferencia bancaria ou ingreso en conta especificando “material escolar e nome do neno/a” ó seguinte número de conta ES90 0238 8314 030600506466 BANCO PASTOR
Para esta e outras dubidas poñemos a vosa disposición a seguinte conta de correo electrónico  anpagazulni@gmail.com  onde estamos para calquera suxestión, queixa ou aclaración, ou ben a través do grupo de whatsapp da propia ANPA no que podedes solicitar a vosa inscrición na conta de correo.


Un cordial saúdo.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario