Nais, pais ou titores comunicarvos que temos un pequeno excedente de CALENDARIOS
Tanto para aquelas persoas que non recollesen os seus pedidos como para aquelas que desexen adquirir algún mais mandádenos un mail a conta: anpagazulni@gmail.com ou deixádenos recado a través da directora do centro, indicando algún xeito de contacto, e se nos topamos na escola comentadenolo.
Saudos
Anpa Galiña Azul Nigrán
ANPA Galiña Azul Nigrán

viernes, 26 de febrero de 2016
jueves, 25 de febrero de 2016
Quénes compoñen a nova directiva
Os membros da nova xunta directiva somos:
Presidente: Ana Lopez-Carcedo
Vicepresidente: Antonio Estévez
Tesorera: Viviana Costas
Secretaria: Lara Lorenzo
Estamos a vosa disposición para calquera tema relacionado co benestar dos nenos e nenas da Escola Infantil de A Galiña Azul de Nigrán. Esperamos poder contar con todos vós. Grazas!
Presidente: Ana Lopez-Carcedo
Vicepresidente: Antonio Estévez
Tesorera: Viviana Costas
Secretaria: Lara Lorenzo
Estamos a vosa disposición para calquera tema relacionado co benestar dos nenos e nenas da Escola Infantil de A Galiña Azul de Nigrán. Esperamos poder contar con todos vós. Grazas!
Nota informativa
Estimados pais/nais ou titores:
Como saberedes dende o pasado mes de outubro a ANPA mudou de directiva. A
nosa intención é a de seguir mantendo a comunicación coas familias e servir de apoio
o persoal do centro e familias, transmitindo todas as vosas inquedanzas.
Algunhas das funcións a
desenrolar pola ANPA son:
·
Manter
contacto coas administracións para tratar cuestións como o mantemento do
xardín, revisión das deficiencias da escola, mantemento e mellora do centro.
·
Colaboración
coa escola en distintas festas, sufragando os gastos correspondentes; Magosto,
Nadal, Entroido, Fin de Curso ...
·
A
compra do material escolar que nos solicita o profesorado.
·
Solicitude
dos medios necesarios o Concello, Equipo de son, iluminación...
·
Organizar
o mantemento e coidado da horta
·
Recadación
de fondos por exemplo coa elaboración e venta do calendario.
·
Acordos
con empresas de animación e espectáculos para levar a cabo ao longo do curso
escolar
·
Mantemento
deste blog informativo:
http://anpagazulnig.blogspot.com.es/
·
Achega
de xoguetes/libros grazas á colaboración dos pais e do Concello
O obxectivo destas contribucións é mellorar, na medida do posible, o
funcionamento da escola e benestar dos nosos pequenos.
É por todo isto que gustaríanos contar cun maior apoio dos pais/nais e
titores dos nenos do centro, por un lado, coa achega de novas ideas e opinións
e, por outro lado, co pago de 10€ ao ano por parte de aqueles pais que poidan e
queiran facerse socios do ANPA.
Queremos comezar a traballar a horta do centro, polo que tódolos familiares
interesados en participar poñédevos en contacto con nos. Organizaremos quendas
e traballos.
Recordamos tamén a importancia do pago dos 20€ correspondentes a compra do
material escolar no curso vixente 2015/2016, é responsabilidade de todos estar
o día deste pago.
Podedes realizar o pago mediante transferencia bancaria ou ingreso en conta
especificando “material escolar e nome do
neno/a” ó seguinte número de conta ES90
0238 8314 030600506466 BANCO PASTOR
Para esta e outras dubidas poñemos a vosa disposición a seguinte conta de
correo electrónico anpagazulni@gmail.com
onde estamos para calquera suxestión, queixa ou aclaración, ou
ben a través do grupo de whatsapp da propia ANPA no que podedes solicitar a vosa
inscrición na conta de correo.
Un cordial saúdo.
martes, 25 de noviembre de 2014
O Circo do Nadal
O ANPA está a coordinar a actividade de La Fiesta Escénica O Circo do Nadal.
Cta ES90 0238 8314 0306 0050 6466
Esta actividade familiar terá lugar o 19 de decembro, das 10:30 ás 12:00, cun prezo especial para os centros educativos:
- nenos a partir dun ano e adultos --> 6€
- nenos de 0-1 --> gratis.
Ademais, a partir das 12h temos reservado un iglú con inchables o que poderán acceder de forma gratuíta TODOS OS NENOS que asistan ao espectáculo (entrada gratuíta SÓ o día 19).
Para poder beneficiarse de estes prezos de maneira individual, os pais interesados deberán ingresar os cartos da entrada na conta do ANPA e deixar unha copia do ingreso ou transferencia na Escola Infantil A Galiña Azul antes do 9 de decembro, indicando o NOME DO NENO. Os recibos serán selados e devoltos antes do día do espectáculo (pois servirán como entrada) xunto co ticket para acceder ao iglú.
Lembrade indicar no recibo do ingreso ou transferencia se queredes o ticket para os inchables.
Cta ES90 0238 8314 0306 0050 6466
lunes, 24 de noviembre de 2014
En que consiste o labor da ANPA e como podes axudar
Como cada ano, a Escola Infantil Galiña Azul e o seu persoal precisan do apoio dos pais, non soamente na xestión de distintas tarefas, senón tamén a nivel económico.
Algunhas das máis recentes contribucións da ANPA son:
- compra de material escolar, crebacabezas, 3 radios, termómetros
- reunión co Concello para tratar cuestións como o mantemento do xardín, o plantado dunha árbore, a revisión de deficiencias da escola
- compra dun programador para a posta en marcha do rego do xardín
- contacto co Consorcio para o mantemento e mellora do centro
- compra de plantas e coidado da horta
- colaboración en distintas festas, sufragando o pago da compra das castañas ou a contratación da castiñeira no Magosto
- elaboración de fotos e deseño do calendario, así como a negociación do seu prezo con diversas imprentas
- contacto/negociación con diversas empresas de animación e espectáculos de actividades para levar a cabo ao longo do curso escolar
- creación dun blog informativo
- achega de xoguetes/libros grazas á colaboración dos pais e do Concello
O obxectivo de todas estas contribucións é mellorar, na medida do posible, o día a día da formación dos nosos pequenos.
É por isto que gustaríanos contar cun maior apoio dos pais e nais dos nenos do centro, por un lado, coa achega de novas ideas e opinións e, por outro lado, co pago de 10€ ao ano por parte de aqueles pais que poidan e queiran facerse socios do ANPA.
A vosa colaboración repercutirá no benestar de todos os nenos e nenas da Escola Infantil de A Galiña Azul de Nigrán. Esperamos poder contar con todos vós. Grazas!
Nova conta do ANPA
Dende o 21 de novembro de 2014 a NOVA e ÚNICA CONTA operativa do ANPA da Galiña Azul de Nigrán é:
Banco Pastor / Banco Popular ES90 0238 8314 0306 0050 6466
Xa non están operativas as contas anteriores.
Nueva cuenta del AMPA
Desde el 21 de noviembre 2014 la NUEVA y ÚNICA CUENTA operativa del AMPA de A Galiña Azul de Nigrán es:
Banco Pastor / Banco Popular ES90 0238 8314 0306 0050 6466
Ya no están operativas las cuentas anteriores.
domingo, 23 de noviembre de 2014
Benvidos!
Este é o blog oficial da ANPA da Escola Infantil Galiña Azul de Nigrán.
Dende aquí tentaremos mantervos ao día de varios temas, como en que consiste a nosa colaboración co centro, en que podedes axudar vós ou información sobre eventos da zona para cativos.
Comezamos a nosa viaxe!!
¡Bienvenidos!
Este es el blog oficial del AMPA de la Escuela Infantil Galiña Azul de Nigrán.
Desde aquí intentaremos mateneros al día de varios temas, como en qué consiste nuestra colaboración con el centro, en qué podéis ayudar vosotros o información sobre eventos de la zona para peques.
¡¡Comenzamos nuestro viaje!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)